Wednesday 24 de April de 2024

Agrupacións instrumentais e corais da Escola Municipal de Música Magariños actuarán mañá xoves no XII Festival de Primavera


Agrupacións instrumentais e corais do alumnado da Escola Municipal de Música Magariños de Brión serán os protagonistas dunha nova sesión do XII Festival de Primavera, que terá lugar mañá xoves 2 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos do centro social polivalente de Brión. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

O XII Festival de Primavera está organizado pola ESMU Magariños, en colaboración co Concello de Brión, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial da Coruña. Para o venres 3 de xuño está programada a actuación da Banda de Música Magariños, que terá lugar ás 20:00 horas no centro social polivalente de Brión.